Tomás Rivera xa nos ten moi mal acostumados polo marabilloso trato que nos da, a todo o equipo que facemos 'As Crónicas de Bran', na súa web literaria KindleGarten. Eis a recensión do derradeiro volume da triloxía. Aquí tedes todo o que podedes agardar de 'O solpor dos deuses'
domingo, 22 de marzo de 2015
xoves, 19 de marzo de 2015
Concerto histórico, 'Rianxo na Belle Epoque'
Hai cousa de un par de meses, José Luis do Pico Orjais propúxome un proxecto ben fermoso. Este home da Arousa, residente en Rianxo e mestre e responsable da biblioteca do CEIP Brea Segade da miña aldea, Taragoña, converteuse desde hai un tempo nun compañeiro de colaboracións artísticas moi querido pola miña parte. Grazas a el, As Crónicas de Bran acharon un oco na biblioteca e na vida cultural de Taragoña e Rianxo e, desde logo, non hai cousa que máis guste que ser coñecido no teu berce por esta tolería de escribir historias na que, de cando en vez, me deixo engaiolar.
O primeiro contacto foi por medio dunha mensaxe de Facebook na que me comentaba algo sobre unha investigación que estaban a levar a cabo para recuperar certos fondos musicais. Aproveitando que non iamos tardar en facer unha visita á vila, quedamos para tomar un café (el, eu tomei unha birra) no Memphis e falar do tema. Tal e como me adiantara, o asunto era que acharan unha partitura do que viña a ser unha valsa de principios do século XX (en plena Belle Epoque rianxeira) e estaban a lle facer uns arranxos para interpretala con guitarra e flauta. A proposta non podía ser máis interesante, escribir un texto para ler no concerto histórico coa melodía soando de fondo.
Nun primeiro momento pensei en algo similar á letra dunha canción mais para ser interpretada a xeito de narrativa e, certamente, esa foi a idea que rematou por se facer realidade.
luns, 9 de marzo de 2015
Fotos da presentación de 'O solpor dos deuses'
Como viñemos 'spameando' toda a semana pasada, este Sábado fixemos a presentación do derradeiro volume da triloxía 'As Crónicas de Bran'. Foi unha reunión, principalmente, entre amigos e familia na que, ademais de celebrar o meu aniversario, falamos do terceiro volume da saga e da literatura fantástica en xeral.
Grazas ao meu compadre, Miguel González, aquí tedes as mostras gráficas do evento...
venres, 6 de marzo de 2015
'Hostal Norte' aparece no Sermos Galiza
Onte foi un deses días nos que, furtiva e silandeiramente, un dos meus pequenos fillos ocupan un espazo no escaparate cultural de este país. Foi no xornal 'Sermos Galiza' e o certo é que non nos puideron tratar mellor. Obrigados polas súas palabras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)